Last updated: 1 day ago
Os Imperfectos son unha banda de Vilagarcía de Arousa (Galicia) composta por Juan Carballo (poeta e voz), Álvaro Cardalda (teclados e voz) e Pedro Falcón (guitarras).
Despois de tocar xuntos en distintas xiras a partir do último álbum de <a href="spotify:artist:3Svwsl1vNKvUJ89vV4GW0A" data-name="Juan Carballo">Juan Carballo</a>, no 2021 deciden facer unha pausa para poder compoñer. Nesta etapa de creación e froito da necesidade de converterse nun proxecto estable nacen Os Imperfectos.
A banda atópase na actualidade inmersa no lanzamento de Supernova, que supón a saída á luz do primeiro álbum composto, gravado e producido por eles. Para a ocasión contan con músicos de sesión como Pepe Santamaría (batería) e Rubén Iglesias (baixo), que forman parte do proceso de gravación.